Thursday 16 de May de 2024

Ordes acolle o VII Torneo Luso-Galaico de hóckey


Esta fin de semana disputouse en Ordes o VII Torneo Luso-Galaico de hóckey sobre patíns. Aínda que a cita era de carácter amistoso cada un dos catro equipos participantes loitaron por demostrar que eran os mellores. A victoria foi para a selección galega, seguida do A.P Aveiro. Xa na terceira e cuarta posición situáronse o A.P. Oporto e o A.P. Minho respectivamente.

Neste último día de competición o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, como os concelleiros Ana Soneira, Xosé Manuel Mira e Pablo Vázquez acudiron á cita. Moitos deles axudaron na entrega de medallas e galardóns aos integrantes e adestradores dos equipos tras escoitar o himno galego. Algo do que tamén participaron Julio Parga, vicepresidente da Federación Galega de Patinaxe; e Ana del Río Otero, presidenta do Club A.C. Órdenes.

O VII Torneo Luso-Galaico de hóckey sobre patíns está organizado pola Federación Galega de Patinaxe e o Club AC Hóckey Órdenes. Contan coa colaboración do Concello de Ordes.